Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 93

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 12 de decembro de 2001, pola que se declara a alienabilidade dunha caseta de legoeiros, no p.k. 23,595 da estrada C-543.

Polo Decreto 295/2001, do 8 de novembro (DOG nº 230, do 28 de novembro), desafectouse un inmoble da Comunidade Autónoma de Galicia transferido en virtude do Real decreto 3317/1982, do 24 de xullo, modificado polo Real decreto 2708/1983, do 21 de setembro, sobre transferencias de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de estradas.

Unha vez obtida a inscrición no correspondente rexistro da propiedade do ben inmoble a nome da Comunidade Autónoma de Galicia, procede declara-la súa alienabilidade de conformidade co disposto no artigo 24 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e artigo 60 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que

se aproba o seu regulamento, co obxecto de posibilita-lo tráfico deste ben patrimonial.

En virtude do anteriormente exposto, tendo en conta a proposta da Secretaría Xeral e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Artigo único.-Declárase a alienabilidade do ben inmoble que se describe a continuación: terreo con casa e patio (caseta de legoeiros), situada no punto quilométrico 23,595 da estrada C-543, lugar de Ousoño, municipio de Noia (A Coruña), dunha superficie aproximada de 300 m, na actualidade 236,9 m, que estrema: norte, con José Liso Dorado, hoxe Ramona Barreiro Alonso; sur, estrada C-543 Santiago de Compostela-Noia; leste, José Liso Dorado, hoxe Ramona Barreiro Alonso; oeste, José Ventura Blanco Vidal, hoxe Manuel Caldas Blanco.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Noia no tomo 1.037, libro 215, folio 29, predio nº 16.200, inscrición 1ª.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda