Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Venres, 04 de xaneiro de 2002 Páx. 93

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 23 de novembro de 2001, pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Plan Estratéxico de Desenvolvemento Económico de Galicia (Pedega) 2000-2006.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2001.

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO

Plan Estratéxico de Desenvolvemento Económico de Galicia (Pedega) 2000-2006: 3.350 pesetas (euros: 20,13).