Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 85

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BETANZOS

ANUNCIO.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Betanzos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: construcción de pista polideportiva e ampliación de local social en Guiliade.

b) Lugar de execución: Guiliade-Betanzos.

c) Prazo de execución: 8 meses distribuídos segundo cadro de características do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

56.236.116 pesetas, IVE incluído (337.985,86 euros).

5. Garantías:

Provisional: 1.124.722 pesetas (6.759,72 euros).

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación:

a) Entidade: Concello de Betanzos.

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade e código postal: Betanzos, 15300.

d) Teléfono: 981 77 65 25.

e) Data límite de obtención de documentos e información:

Desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata as 14 do último día de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: grupo C, subgrupos 2 e 3, categoría C.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ou BOP, segundo sexa o último publicado, rematando ás 14.

b) Documentación que hai que presentar: a que consta no prego de condicións administrativas xerais.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Betanzos.

2. Domicilio: praza de Galicia, nº 1. Edificio Liceo.

3. Localidade e código postal: Betanzos, 15300.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Concello de Betanzos (Negociado de Contratación).

b) Enderezo: praza de Galicia, nº 1.

c) Localidade: Betanzos.

d) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de licitación; pasará ó luns de coincidir en sábado.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios:

Por conta do adxudicatario.

Betanzos, 14 de decembro de 2001.

Manuel Lagares Pérez

Alcalde-presidente