Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 84

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2001 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O presidente, actuando en nome e representación do ente público Portos de Galicia, segundo o previsto no artigo 6.3º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, resolveu adxudica-las seguinte obras.

a) Pavimentación de explanada e vía de acceso no porto de Corcubión.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Número de expediente.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

Descrición do obxecto: pavimentación de explanada e vía de acceso no porto de Corcubión.

b) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Procedemento negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 9.529.899 pesetas (57.257,85 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 16 de novembro de 2001.

b) Contratista: Construcciones Isidro Andrade y Otro, S.C.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adquisición: 9.181.899 pesetas (55.184,32 euros).

b) Obras de integración ambiental e urbanística dos portos da zona sur (Pontevedra) de Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Número de expediente: PO-13-00-01-01.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: administrativo.

Descrición do obxecto: obras de integración ambiental e urbanística dos portos da zona sur (Pontevedra) de Portos de Galicia.

b) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 177, do 12 de setembro e DOG nº 185, do 24 de setembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 157.403.364 pesetas (946.013,27 euros).

5. Adxudicación.

a) Data: 19 de novembro de 2001.

b) Contratista: Arias Hermanos, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 137.727.943 pesetas (827.761,61 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro, notifícase, advertindo que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, o interesado poderá optar por interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación, perante o mesmo órgano que a dictou, de acordo co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, de 26 de novembro de 2001.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia