Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 86

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO da aprobación inicial das bases e estatutos do polígono H9.08 Oza dos Ríos. (Expediente 15/2001).

A Alcaldía-Presidencia, con data 2 de novembro de 2001, se dictou a seguinte resolución:

Primeiro.-Incoar expediente para a aprobación das bases e estatutos da xunta de compensación a constituír para a execución do polígono H9.08 do plan xeral de ordenación municipal vixente.

Segundo.-Aprobar inicialmente o proxecto de bases e estatutos presentado por Ricardo Figueiras Moreira en nome e representación da comisión xestora constituída para estes efectos.

Terceiro.-Ordena-la citación persoal no expediente a aqueles que aparezan como interesados na súa calidade de titulares de bens e dereitos afectados, así como a publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP do anuncio correspondente segundo modelo oficial que se xunta, facultando a comisión xestora e, no seu nome a Ricardo Figueiras Moreira, como secretario dela para a súa presentación e dilixenciamento ante o órgano correspondente.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 133.4º en relación co 102, ambos da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (BOE nº 103, do 30 de abril), advertindo os interesados de que o expediente se encontra á súa disposición nas oficinas de Xestión do Servicio de Urbanismo, sitas na avda. da Marina nº 18, entre as 12 e as

14 horas de luns a venres durante o prazo de 20 días contados a partir da publicación ou notificación do acordo que se traslada, onde poderá consultalo e presentar cantas alegacións teña por conveniente na defensa dos seus dereitos.

A presente publicación surtirá tamén os efectos previstos no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común para aqueles supostos de interesados ós que non poidan serlles practicada a notificación persoal.

A Coruña, 3 de novembro de 2001.

O alcalde

P.D.

Salvador Fernández Moreda