Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 37

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN E COOPERACIÓN EXTERIOR

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 403/2001, do 28 de decembro, polo que se desenvolve a estructura orgánica da Consellería de Emigración e Cooperación Exterior.

Advertidos erros por omisión no devandito decreto, publicado no DOG número 251 do luns 31 de decembro pasado, cómpre face-las correccións oportunas a seguir:

Disposición transitoria

Cando, como consecuencia da estructura orgánica que se establece no presente decreto, se modifique a denominación ou contido das distintas unidades administrativas existentes con anterioridade ou se suprima algunha das devanditas unidades, autorízase o conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior para readscribi-lo persoal afectado a postos do mesmo nivel ou inferior, sempre que sexan postos de libre designación, ou adscribilos, con carácter temporal, a postos de inferior nivel, se se tratase de prazas de provisión por concurso, ata que, neste último caso, os devanditos postos sexan cubertos da forma regulamentariamente establecida, sen que, en ningún caso, a readscrición ou adscrición supoña cambio de residencia, todo isto sen prexuízo do disposto no artigo 62.4º da Lei da función pública de Galicia e na Lei 9/1997, do 12 de maio, de órganos de representación, determinación das condicións de traballo e participación do persoal ó servicio das administracións públicas, así como

das competencias que poida ter atribuídas nesta materia a Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

Disposición derrogatoria

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ó disposto no presente decreto

Disposicións derradeiras

Primeira.-O establecido neste decreto non suporá incremento de gasto.

Segunda.-Facúltase o conselleiro de Emigración e Cooperación Exterior para dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e execución do presente decreto.

Terceira.-Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.