Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Xoves, 03 de xaneiro de 2002 Páx. 37

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 12 de decembro de 2001 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 11 de decembro de 2001, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, referente ó persoal da Lei 4/1988, do 26 de maio.

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 239, do mércores 12 de decembro de 2001, cómpre face-las oportunas correccións:

-Na páxina 15.784, no primeiro punto de supresións, o segundo parágrafo debe figurar como modificacións co seguinte texto:

Na páxina 11.599, o centro de destino «Complexo Hospitalario Xeral de Galicia-Gil Casares (Santiago de Compostela)» pasa a denominarse «Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela».

-Na páxina 15.784, en persoal laboral no segundo parágrafo do punto modificacións, onde di: «Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela», debe dicir: «Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela».