Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2002 Páx. 28

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Mayoristas y Productores de Flor de Galicia (Maflorga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Mayoristas y Productores de Flor de Galicia (Maflorga), que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os profesionais da producción e o comercio por xunto de flores, plantas e similares con explotación en funcionamento na Comunidade Autónoma de Galicia.

Asinan a acta de constitución: Ángel Patiño Diéguez, representante da entidade Flores Toxal, S.L., e tres persoas máis representando outras entidades.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE