Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2002 Páx. 28

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Escolas Infantís Municipais de Galicia (Aseimuga).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Escolas Infantís Municipais de Galicia (Aseimuga) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas físicas ou xurídicas que se dediquen á actividade de escola infantil, ou sexan centros de atención á primeira infancia dependentes de corporacións locais.

Asinan a acta de constitución: María Victoria Castiñeiras Barreiro, en representación da escola infantil municipal de Vilagarcía C.B., e cinco persoas máis representando outras tantas escolas municipais.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais