De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 14 de xaneiro (BOE nº 13, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a continuación se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código Civil, por non ser posible a dita notificación no último domicilio que consta no expediente desta delegación provincial.
O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa, logo de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.
O correspondente expediente está no Servicio de Familia, Infancia e Menores da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.
-Nº expediente: 2001/334-5.-Interesada: Ana Cividanes Juncal.-Enderezo: descoñecido.-Asunto: resolución administrativa do 7 de novembro de 2001.
Pontevedra, 23 de novembro de 2001.
P.D. (Orde 18-1-1998)
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra