Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Mércores, 02 de xaneiro de 2002 Páx. 19

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 414/2001, do 29 de novembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial de Lugo, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto obra número 184, Plan operativo local 2001, Navia de Suarna, estrada provincial Navia-Freixís-Silvouta-Vilaquinte-Moreira-Donís, mellora e alargamento do punto quilométrico 0,00-2,25 (concello de Navia de Suarna).

A Deputación de Lugo, en sesión celebrada o día 27 de xullo de 2001, aprobou o proxecto de obra nº 184, Plan operativo local 2001, Navia de Suarna, estrada provincial Navia-Freixís-Silvouta-Vilaquinte-Moreira-Donís, mellora e alargamento do punto quilométrico 0,00-2,25, e na sesión do 21 de setembro de 2001 acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. Este informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 20 de novembro de 2001.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, porque, segundo sinala a deputación, as obras afectan a estrada de Navia de Suarna próxima á de Cervantes, que é a vía mais curta de acceso á zona de Piornedo, nos Ancares lucenses, e que ten curvas estreitas e fortes pendentes, sendo de todo punto imprescindible o alargamento e mellora da capa de rodadura para adecua-la vía ás necesidades circulatorias.

A competencia para a declaración da urxente ocupación correspóndelle ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintenove de novembro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación de Lugo para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído

para o efecto e necesarios para a execución das obras do proxecto de obra nº 184, Plan operativo local 2001, Navia de Suarna, estrada provincial Navia-Freixís-Silvouta-Vilaquinte-Moreira-Donís, mellora e alargamento do punto quilométrico 0,00-2,25.

Santiago de Compostela, vintenove de novembro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Antonio Pillado Montero

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais