Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.647

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo número 02/0004962/2001, interposto polo procurador Rafael Pérez Lizarriturri en nome e representación do Consejo General de los Colegios Oficiales de Ingenieros Industriales.

Recibido oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sección segunda), polo que se reclama o expediente administrativo relativo ó recurso contencioso-administrativo número 02/0004962/2001, interposto polo procurador Rafael Pérez Lizarriturri en nome e representación do Consejo General de los Colegios Oficiales de Ingenieros Industriales, contra o Decreto 195/2001, do 26 de xullo, polo que se aproban os estatutos do Colexio Oficial de Químicos de Galicia.

A Dirección Xeral de Xustiza, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, acorda a remisión do citado expediente administrativo ó referido órgano xudicial, o que se notifica para un xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento referido e se emprazan para que poidan comparecer como parte ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (sección segunda) no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2001.

Reyes Carabel Pedreira

Directora xeral de Xustiza

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE