Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 31 de decembro de 2001 Páx. 16.647

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 20 de decembro de 2001 pola que se fixan as tarifas e prezos correspondentes á prestación de servicios nas instalacións xuvenís, expedición de carnés dirixidos á xuventude e participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude, durante o ano 2002.

Dando cumprimento ó dispuesto na Lei 13/1991, do 9 de decembro, procede actualiza-los prezos dos

servicios prestados nos campamentos, albergues, residencias e demais instalacións xuvenís dependentes da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, ata agora fixados pola Orde do 28 de decembro de 2000 (DOG nº 4, do 5 de xaneiro), así como establece-los prezos dos diferentes carnés dirixidos á xuventude que se expiden a traves dos servicios de xuventude, casas da xuventude, oficinas TIVE e outras entidades colaboradoras, e os relativos á participación en actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A Lei 13/1991, que regula as taxas, prezos e exancións, dispón no seu artigo 6 que a contía destes acordarase por orde da consellería correspondente, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, por todo iso,.

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Os prezos esixibles pola prestación de servicios e actividades en campamentos, albergues, residencias e demais instalacións de xuventude, xestionados pola Dirección Xeral de Xuventude, da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, son os que se fixan no anexo I desta orde.

2. Os prezos relativos á expedición do carné xove Euro'26, carné Máis, carnés de alberguista nas súas diferentes modalidades e carnés TIVE recóllense no anexo II.

3. Os prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude especificadas nesta orde recóllense no anexo III.

4. Estos prezos enténdense, se é o caso, co IVE incluído.

A xestión destes prezos privados farase de acordo co disposto no artigo 7 da Lei 13/1991, do 9 de decembro.

Artigo 2º

1. Os prezos recollidos no anexo I desta orde serán expostos nos taboleiros de anuncios de cada centro en función do tipo de instalación e do uso ou non da enerxía eléctrica.

2. Os grupos que usen unha instalación xuvenil terán preferencia ó uso de tódalas súas dependencias. Non aboarán suplemento polo uso das pistas

polideportivas descubertas, pero terán a obriga de aboa-las tarifas correspondentes polo uso dos polideportivos cubertos ou ximnasios, segundo os prezos que figuran no anexo desta orde.

Artigo 3º

Os membros de familia que teñan o título de familia numerosa terán un desconto do 50% sobre os prezos recollidos nos puntos A.2.1 e A.2.2 do anexo I desta orde, relativos ás actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude en instalacións en Galicia.

Para estes efectos, o beneficiario do desconto deberá presentar, xunto coa documentación que proceda en cada caso, unha fotocopia do título de familia numerosa onde figure.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2001.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude

ANEXO I

Prezos relativos á utilización e os servicios prestados nos campamentos, albergues e residencias xuvenís titularidade da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

A. Pola utilización dos campamentos e albergues xuvenís durante a campaña de verán, establécense os seguintes prezos por praza:.

A.1. En réxime de oferta concertada (dirixida a grupos).

A.1.1 Campamentos.

Tarifa en euros

Por quincena99

Por día8

A.1.2 Albergues e residencias.

Por quincena131

Por día12

Estes prezos abranguen os seguintes servicios: o aloxamento, alimentación en réxime de pensión completa, o uso das instalacións e material, o consumo de auga, electricidade e combustible, agás o material de actividades específicas de animación.

A.2. En actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude.

A.2.1. Campamentos.

Tarifa en euros

Promoción normal (por quincena)119

Promoción normal (quenda de 10 días)88

Promoción normal (quenda de 7 días)62

Cursos de especialidade (por quincena)147

Aulas de aire libre (por quincena)123

Aulas de natureza (por quincena)123

Curso de piragüismo (por quincena)147

A.2.2. Albergues.

Tarifa en euros

Promoción normal (por quincena)149

Promoción normal (quenda de 10 días)99

Promoción normal (quenda de 7 días)76

Cursos de especialidade (por quincena)157

Cursos de náutica: vela, táboa e esquí (por quincena)194

Cursos de náutica: vela e táboa (por quincena)... 164

Rutas turístico-culturais e deportivas164

Cursos de piragüísmo (por quincena)164

A.2.3. Campos de traballo.

Ámbito autonómico e nacional (por quincena)72

Ámbito internacional (por quincena)72

B. Por servicios nos albergues e residencias integrados na Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), establécense os seguintes prezos por persoa:

ServiciosAta 26 anosMaiores de 26 anos

Pensión completa1318

Aloxamento58

Almorzo11,5

Xantar ou cea55

Para facer uso destes servicios deberase posuí-lo carné de alberguista en calquera das súas modalidades.

C. Servicio nas residencias xuvenís para estudiantes (por praza e mes), durante o curso 2001/2002, que abrangue do 1 de outubro de 2001 ó 30 de xuño de 2002.

Tarifa en euros

Residentes internos234

Medio pensionistas externos (xantar e merenda)... 95

D. Pola utilización das instalacións recreativo-deportivas.

D.1. Uso de pavillón polideportivo cuberto.

Sen enerxíaCon enerxía

eléctricaeléctrica

Adestramento/hora para.

infantís e xuvenís6,29,3

Partidos8,916,7

D.2. Uso de pistas polideportivas descubertas.

Sen enerxíaCon enerxía

eléctricaeléctrica

Ata dezaoito anos e

maiores/hora3,66,2

D.3. Uso de pistas de tenis.

Infantís-xuvenís/hora1,7

Maiores de 18 anos2,4

D.4. Uso de piscina non climatizada.

Infantís-xuvenís0,8

Maiores de 18 anos1,7

E. Pola utilización dos campamentos e albergues para actividades recreativas ó aire libre:

E.1. Acampadas (con tendas da entidade): 0,5 euros/día e persoa.

E.2. Actividades recreativo-culturais (convivencia):

12 euros/día/grupo de ata 50 usuarios.

19 euros/día/grupo de 51 a 100 usuarios.

32 euros/día/grupo de 101 a 200 usuarios.

64 euros/día/grupo de 201 a 300 usuarios.

ANEXO II

Prezos pola expedición dos diferentes carnés dirixidos á xuventude.

Carné xove euro'265,4 euros.

Carné Máis5,4 euros.

Carné alberguista xove5 euros.

Carné alberguista adulto11 euros.

Carné alberguista grupo15 euros.

Carné alberguista familiar22 euros.

Carné alberguista para estranxeiros (completo)18,03 euros.

Carné alberguista para estranxeiros (cupón)3,01 euros.

Guía internacional de albergues7,81 euros.

Carné teacher (ITIC)6,01 euros.

Carné go'25 (IYTC)4,21 euros.

Carné student (ISIC)4,21 euros.

ANEXO III

Prezos relativos á participación nas actividades promovidas pola Dirección Xeral de Xuventude que a continuación se especifican. Os prezos establecidos entenderanse por participante:.

A. Xuntanza de xoves investigadores18 euros.

B. Programa «Coñece a Galicia Verde» (prezos por persoa e praza)3 euros.

C. Programa «Coñece España»138 euros.

D. Programa «Conducción Segura»25 euros.

E. Programa «Atlántida»18,5 euros.

F. Programa «Os espacios naturais-un mundo aberto»18,5 euros.

G. Xuventude Galicia Net18,5 euros.

H. Programa «Encontro europeo de medioambiente»15 euros.

I. Programa «Vive a Neve-2002».

Manzaneda99 euros.