Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.588

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA

ANUNCIO de apertura dun procedemento de contratación para a adquisición dunha unidade móbil para extracción de sangue.

A Fundación Centro de Transfusión de Galicia anuncia a admisión de ofertas para a adquisición

dunha unidade móbil para extracción de sangue.

O cadro de características no que figuran as condicións das ofertas está á disposición dos interesados no Centro de Transfusión de Galicia, avda. Monte da Condesa, s/n (15706) Santiago de Compostela, en días hábiles das 9 ás 15 horas.

Importe máximo: 39.000.000 de pesetas, IVE incluído (234.394,72 euros).

Apertura de proposicións económicas: comunicarase oportunamente.

As proposicións poderanse presentar no Centro de Transfusión de Galicia ou por correo. Deberán presentarse en sobre pechado dirixido ó administrador. No exterior do sobre deberá consta-la referencia: exp. 01/02. O prazo de presentación de ofertas será dun mes contado a partir do día da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2001.

Roberto García de Villescusa Collazo

Director técnico da Fundación Centro

de Transfusión de Galicia