Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.587

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE FOMENTO

NOTA-ANUNCIO.

Con data 22 de novembro de 2001, a Secretaría do Estado de Infraestructuras resolveu aprobar tecnicamente o estudio informativo do proxecto do acce

so ferroviario a Galicia. Eixe Ourense-Santiago de Compostela.

En virtude da aprobación técnica do estudio informativo e conforme o disposto no artigo 228.2º do vixente regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, sométese a información pública o dito estudio informativo por un período de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio nos boletíns oficiais pertinentes, para ser examinado polas persoas que o desexen, as cales poderán formular observacións que deberán versar sobre as circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral das obras, sobre a concepción global do seu trazado e sobre a avaliación do impacto ambiental.

A información pública é tamén para os efectos ambientais indicados no procedemento de avaliación de impacto ambiental regulado polo Real decreto lei 1302/1986, de avaliación do impacto ambiental e o seu regulamento de aplicación (artigo 15).

O estudio informativo do proxecto estará exposto ó público en días e horas hábiles de oficina, na Área de Fomento da Subdelegación do Goberno en Ourense (parque de San Lázaro nº 2, Ourense), na Área de Fomento da Subdelegación do Goberno en Pontevedra (Praza de España, s/n, Pontevedra), na Área de Fomento da Subdelegación do Goberno na Coruña (avenida da Mariña, 23, A Coruña) e na Dirección Xeral de Ferrocarrís do Ministerio de Fomento (praza dos Sagrados Corazóns nº 7, planta baixa, Madrid).

Así mesmo, nos concellos de tódolos termos municipais afectados polo trazado estará á disposición dos interesados unha separata-extracto do estudio informativo do proxecto no que afecte ós ditos municipios.

As alegacións que se formulen irán dirixidas á Subdirección Xeral de Plans e Proxectos de Infraestructuras Ferroviarias, praza dos Sagrados Corazóns, 7, 28071 Madrid, indicando como referencia Información Pública e Oficial. Ourense-Santiago de Compostela.

Madrid, 22 de novembro de 2001.

Manuel Niño González

Director xeral de Ferrocarrís