Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.588

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

INSTITUTO GALEGO DE MEDICINA TÉCNICA, S.A.

SEGURO de responsabilidade civil.

O Instituto Galego de Medicina Técnica está interesado na contratación dun seguro de responsabilidade civil xeral.

Nº expediente: CTRL/006/01.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas centrais do instituto, praza Europa, 5A-6º B Área Central-Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, de 9 a 14 horas, nos dez días naturais a partir da data de publicación no DOG.

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións particulares e demais documentación complementaria, poden ser solicitados nas oficinas centrais do Instituto Galego de Medicina Técnica, Telf. 981 57 76 50.

Apertura de sobres: os sobres nº 2 (Referencias técnicas) e nº 3 (Proposición económica) abriranse o 10 de xaneiro as 12.

Santiago de Compostela, 21 de decembro de 2001.

P.O.

Julio Villar Barreiro

Director xerente do Instituto Galego de Medicina

Técnica, S.A.