Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.584

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, pola que se anuncia concurso de subministracións sucesivas, polo procedemento aberto e tramitación anticipada-plurianual, para a subministración de cánulas de traqueostomía (C.12/2002).

O director xerente do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña, en virtude das competencias que ten atribuídas na orde da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais do 21 de abril de 1998 (DOG nº 88, do 11 de maio), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 7, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 104, do 30 de maio), e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la licitación que a seguir se cita:

1. Nome, enderezo, números de teléfono, telégrafo, télex e telefax do órgano de contratación: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza; planta semisoto do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña. Teléfono: 981 17 80 73. Telefax: 981 17 80 32.

2.a) Modalidade da adxudicación elixida: aberta.

b) Forma do contrato que é obxecto da licitación: concurso de subministracións sucesivas e tramitación anticipada-plurianual.

3.a) Lugar de entrega: Hospital Juan Canalejo (A Coruña).

b) Natureza e cantidade dos productos que se van subministrar: número da referencia da CPA (clasificación estatística dos productos por actividades): subministración de cánulas de traqueostomía C. 12/2002.

Orzamento total: 257.181,81 euros (42.791.452 pesetas).

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os provedores presenten propostas para determinadas partes das subministracións requiridas: existen 3 lotes.

Lote nº 1: cánulas traq. C/F S/B 4, 6 e 8; S/F S/B 4, 6 e 8.

Lote nº 2: cánulas traq. C/F C/B 6 e 8; C/F C/B 6 e 8.

Lote nº 3: cánulas traq. C/B B/P 7, 8 e 9.

4. Prazo de entrega: ver prego de cláusulas administrativas.

5.a) Nome e enderezo do servicio onde poden ser solicitados o prego de condicións e os documentos complementarios: Servicio de Contratación do Hospital Juan Canalejo (planta semisoto do edificio do hotel de pacientes, anexo ó Hospital Juan Canalejo). As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, en días laborables desde as 9 ás 14 horas. Teléfono: 981 17 80 73. Fax: 981 17 80 32, ou a través da páxina web do Sergas: http: //www.sergas.es

b) Data límite para efectua-la dita solicitude: 2-1-2002.

c) Se é o caso, importe e modalidade de pagamento da suma que deba aboarse para obte-los ditos documentos: ningún.

6.a) Data límite de recepción das propostas: 8-1-2002.

b) Enderezo ó que deben enviarse: rexistro xeral do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza; planta baixa do Hospital Juan Canalejo, As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: galego ou castelán.

7.a) Persoas admitidas para asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Xerencia do Complexo Hospitalario Juan Canalejo-Marítimo de Oza; planta baixa do hotel de pacientes (anexo ó Hospital Juan Canalejo), As Xubias de Arriba, 84, 15006 A Coruña, ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do último día no que termine o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

8. Garantías esixidas: provisional do 2% do orzamento. Definitiva do 4% do orzamento de adxudicación.

9. Modalidades básicas de financiamento e pagamento e/ou referencias a textos que as regulan: aboamentos en conta mediante transferencia, con periodicidade mensual.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión das empresas adxudicataria da contratación: unión temporal das empresas.

11. Datos referentes á situación do provedor e datos e formalidades necesarios para a avaliación das condicións de carácter económico e técnico que deba reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador está obrigado a mante-la sua oferta: tres meses desde a data da apertura das proposicións económicas.

13. Criterios que se empregan para a adxudicación do contrato: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Se é o caso, prohibición das variantes: non se admite a presentación de variantes.

15. Información complementaria: Servicio de Contratación do Complexo Hospitalario Juan Canalejo.

16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 7-11-2001.

17. Data de envío do anuncio: 3-12-2001.

18. Data da recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

A Coruña, 27 de novembro de 2001.

Jesús Caramés Bouzán

Director xerente do Complexo Hospitalario

Juan Canalejo-Marítimo Oza da Coruña