Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO.

Notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan, aquelas notificacións que resultaron infructuosas nos domicilios expresados, correspondentes ó acordo de inicio de expediente de incumprimento de condicións de subvención, ó abeiro da Orde do 10 de xuño de 1999 pola que se establecen para 1999 as bases reguladoras da convocatoria das axudas da iniciativa Peme de desenvolvemento empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 116, do 18 de xuño).

Expediente: IF011.1999.1.176.

Titular: Amoedo Villar, Mª Jesús.

Enderezo: praza da Constitución, 7 - baixo, 36800 Redondela (Pontevedra).

Acto que se notifica: acordo de inicio de expediente de incumprimento para un proxecto aprobado ó abeiro das bases das axudas da iniciativa Peme de desenvolvemento empresarial.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e

do procedemento administrativo común. O expediente completo atópase na Subdirección de Programas de Axuda á Innovación da Área de Financiamento do Igape (complexo administrativo San Lázaro, s/n - Santiago de Compostela), onde os interesados poderán comparecer para coñecemento íntegro do acto referido. Concédeselles un prazo de quince días desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para que aleguen e presenten os documentos e xustificantes que consideren pertinentes ó seu dereito.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica