Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

ANUNCIO.

Notifícaselles ós interesados que a continuación se relacionan, aquelas notificacións que resultaron infructuosas nos domicilios expresados, correspondentes a resolución de arquivo, ó abeiro da Orde do 10 de xuño de 1999 pola que se establecen para

1999 as bases reguladoras da convocatoria das axudas da iniciativa peme de desenvolvemento empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 116, do 18 de xuño de 1999):

Expediente: IF011.1999.1.157.

Titular: Colotec Pontevedra, S.L.

Enderezo: Michelena, 20, baixo, 36001 Pontevedra.

Acto que se notifica: resolución de arquivo de expediente de subvención sobre axudas da iniciativa Peme de desenvolvemento empresarial programa de deseño.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O expediente completo atópase na Subdirección de Programas de Axuda á Innovación da Área de Financiamento do Igape (complexo administrativo San Lázaro, s/n - Santiago de Compostela), onde os interesados poderán comparecer para coñecemento íntegro do acto referido.

Contra a resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso administrativo de alzada ante o conselleiro de Economía e Facenda no prazo dun mes desde esta publicación.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral de Instituto Galego

de Promoción Económica