Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.583

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 19 de decembro de 2001 polo que se comunica a reclamación de documentación á empresa Patiola, S.L., expediente 99/0097/CO, de axuda ós proxectos de creación e mantemento de emprego estable, con CIF número B-15663230 e domicilio no polígono industrial de Bergondo, nave 13-A, parroquia de Lubre (A Coruña).

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este edicto ponse en coñecemento da empresa Patiola, S.L., titular do expediente 99/0097/CO, relativo á solicitude de concesión de axuda a fondo perdido por creación e mantemento de emprego estable que, atopándose incompleto o expediente de referencia, se lle concede un prazo de dez días desde a publicación deste anuncio para que presente a seguinte documentación:

-Escrito explicativo do volume de vendas que a empresa ten previsto acadar, así como a desagregación das ditas vendas por productos.

-Cadro de distribución do emprego que se vai crear, atendendo as tarefas que se van realizar en cada posto de traballo.

O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; complexo administrativo San Lázaro, logo de petición de hora, ó teléfono 981 54 11 56 de luns a venres das 8.30 ás 14 horas.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica