Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.582

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

EDICTO do 19 de decembro de 2001 polo que se comunica inicio de expediente de incumprimento á empresa Termolisis Somozas, S.A., expediente 97/0024/CO, relativo a axuda ós proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable.

De conformidade co establecido no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por este edicto ponse en coñecemento de Termolisis Somozas, S.A., titular do expediente 97/0024/CO, relativo a axuda ós proxectos empresariais de investimento que contribúan á creación e mantemento de emprego estable (Orde do 7 de xullo de 1997; DOG nº 139, do 21 de xullo), que, con data do 25 de outubro de 2001, o presidente do Igape acordou iniciar expediente de incumprimento, ó considerar que a entidade non acreditou ningunha das condicións establecidas na resolución de concesión do 1 de marzo de 1999.

Os actos obxecto deste anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela; complexo administrativo San Lázaro, s/n, e concédeselle un prazo de quince días desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para que alegue e presente os documentos e xustificantes que considere pertinentes ó seu dereito.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica