Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 10 de decembro de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para a contratación de servicios de rehabilitación logopédica ós beneficiarios da Seguridade Social nas áreas sanitarias de Ourense e Valdeorras.

Advertidos erros no prego de cláusulas administrativas particulares (punto catro da folla de especificacións) que rexe para o concurso correspondente á devandita resolución publicada no DOG nº 244, do pasado mércores 19 de decembro, cómpre face-la seguinte corrección:

Onde di: «A solvencia económica e financeira acreditarase mediante copia cotexada da póliza de seguro que cubra os riscos derivados da prestación deste servicio e deberá garantir como mínimo un capital de 100.000.000 ptas. (601.012,10 euros) por víctima.», debe dicir: «A solvencia económica e financeira acreditarase mediante copia cotexada da póliza de seguro que cubra os riscos derivados da prestación deste servicio».

NOTA.-O prazo para a presentación de ofertas para a contratación deste servicio de rehabilitación logopédica (quince días naturais) computarase a partir do día seguinte ó da publicación da presente corrección no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, a apertura das proposicións terá lugar na sala de xuntas 2-1 do Servicio Galego de Saúde do edificio administrativo San Lázaro (segunda planta), a partir das 9.30 horas do quinto día natural, contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas; no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar no seguinte día hábil.