Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CÉDULA do 7 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 39/2001 ALM, por infraccións en materia sanitaria.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para que o expedientado poida ter coñecemento do contido desta resolución do expediente sancionador nº 39/2001 ALM, por infrac

cións en materia sanitaria, iniciado na Delegación Provincial de Pontevedra.

Faiselle saber así mesmo o dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de 15 días, contados desde o día seguinte á publicación desta cédula.

Esta cédula expídase para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de régimen jurídico de las administraciones públicas y del procedimiento administrativo común.

Pontevedra, 7 de novembro de 2001.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: nº 39/2001.

Denunciado: Frutas A Viguesa, S.L.

Derradeiro enderezo coñecido: sito na estrada provincial nº 136, concello de Vigo.

Feito denunciado: materia sanitaria.

Precepto infrinxido: artigo 2º.2.2.; do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria.

Artigo 3, capítulo I, punto 2 c) e punto 3, así como do capítulo II b) c), capítulo VII, capítulo IX punto 3, e capítulo X do R.D. 2207/1995, do 28 de decembro polo que se establecen as normas de hixiene relativas os productos alimenticios.

Artigo 2º do Real decreto 1712/1991, do 29 de novembro, sobre rexistro xeral de alimentos.

Artigo 7 do Real decreto 202/2000, 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Precepto sancionador: artigo 35.A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de Sanidade.

Sanción imposta: 75.000 pesetas.