Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso público, mediante procedemento aberto e tramitación urxente e anticipada, para a contratación da subministración de productos de alimentación, limpeza e aseo para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela e a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo.

De conformidade co establecido na Orde do 21 de abril de 1998, sobre delegación de atribucións

nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-los seguintes concursos:

1. Entidade adxudicadora: Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra.

a) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión Económica.

2. Obxecto da contratación:

* Expediente 16/2002 de subministración de productos alimenticios para o Centro de Atención a

Minusválidos Psíquicos de Redondela (Barrio de Parada nº 87, Chapela-Redondela):

a) Orzamento base de licitación: 93.291 euros (noventa e tres mil douscentos noventa e un euros).

b) División por lotes e número: 17 partidas.

* Expediente 17/2002 de subministración de productos alimenticios para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo (Monte Arieiro, s/n, Bembrive-Vigo):

a) Orzamento base de licitación: 222.893 euros (douscentos vintedous mil oitocentos noventa e tres euros).

b) División por lotes e número: 18 partidas.

* Expediente 18/2002 de subministración de productos de limpeza e aseo para o Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela (Barrio de Parada nº 87, Chapela-Redondela):

a) Orzamento base de licitación: 45.273 euros (corenta e cinco mil douscentos setenta e tres euros).

b) División por lotes e número: 10 partidas.

* Expediente 19/2002 de subministración de productos de limpeza e aseo para a Residencia Asistida da Terceira Idade de Vigo (Monte Arieiro, s/n, Bembrive-Vigo):

a) Orzamento base de licitación: 83.981 euros (oitenta e tres mil novecentos oitenta e un euros).

b) División por lotes e número: 10 partidas.

* Prazo de entrega: entregas parciais desde a data de adxudicación ata o 31 de decembro de 2002.

* Lugar de entrega: nos respectivos centros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente e anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Modalidade: concurso.

4. Garantía provisional: non se esixe.

5. Obtención de documentación e información: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas poderán ser examinados na Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra (avda. de Vigo 16, 36080 Pontevedra) ou nas súas dependencias en Vigo (rúa Cánovas do Castillo, s/n, 36202 Vigo) teléfono: 986 81 72 12, 986 81 72 13, fax: 986 81 72 01), durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 horas ás 14 horas, en días hábiles agás sábados. Así mesmo, poderán examinarse na propia Residencia Asistida da Terceira Idade (Monte Arieiro, s/n-Bembrive) e no Centro de Atención a Minusválidos Psíquicos de Redondela (Bº Parada 87, Chapela-Redondela). Páxina web: www.sergas.es. Correo electrónico:MEugenia.Costas.Davila*sergas.es.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica, financeira e técnica: acreditarase por calquera dos medios previstos nos artigos 16 e 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: antes das 14 horas do décimo día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG.

b) Documentación que se presentará: a esixida no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: efectuarase no rexistro xeral da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, en sobres pechados en horario de 9 a 14 horas, ou ben por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación no mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admitirán variantes ou alternativas á subministración.

8. Apertura das proposicións: será realizada pola mesa de contratación a partir das 9.30 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais de Pontevedra en Vigo. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o día hábil seguinte á mesma hora.

9. Gastos do anuncio: serán por conta das empresas adxudicatarias.

Vigo, 4 de decembro de 2001.

P.A. (art. 16.2º Decreto 198/1994, do 16 de xuño)

Isabel Cerqueira Ozores

Secretaria provincial de Pontevedra