Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas de varios contratos administrativos.

O secretario xeral, actuando no nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo a Orde do 23 de decembro de 1993, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

Acondicionamento da estrada PO-351 Couso-Tomiño. Treito: Couso-Tomiño.

Adxudicatario: Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.

Orzamento: 621.042.277 pesetas.

Vía rápida desde a PO-300 Cambados a Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Treito I.

Adxudicatario: UTE ACS, Proyectos y Construcciones, S.A.-Taboada y Ramos, S.L.

Orzamento: 848.585.282 pesetas.

Vía rápida desde a PO-300 Cambados a Vilagarcía de Arousa. Pontevedra. Treito II.

Adxudicatario: UTE Copasa-CRC Obras y Servicios, S.L.

Orzamento: 1.440.635.000 pesetas.

Paso inferior no p.k. 29+720 C-543 Santiago de Compostela-Noia.

Adxudicatario: UTE Cosmalca, S.L.-Covinor99, S.L.

Orzamento: 42.458.530 pesetas.

En cumprimento do previsto no artigo 60 da vixente Ley de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución, en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun

prazo de 2 meses contados desde o día seguinte á da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 46 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa. O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 da Ley de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda