Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 28 de decembro de 2001 Páx. 16.553

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de novembro de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que somete a información pública expediente de modificación (ampliación de tráficos) da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-3133; XG-350, Chantada-A Matanza, con anexos.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, parobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación (ampliación de tráficos), da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transportes de viaxeiros por estrada V-3133; XG-350, coa finalidade de efec

tuar tráficos en expedicións que circulen pola ruta seguinte:

Santa Cristina de Asma-O Cotarelo-O Rañadoiro-A Tolda-Buciños-Trasar-Santa Uxía de Asma-O Seixo-Chantada.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documención pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (Ronda da Muralla 70 edificio administrativo), efectua-las alegacións que coiden oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes