Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2001 pola que se anuncia o concurso para a prestación do servicio de vixilancia do estadio de San Lázaro.

Obxecto do contrato: é a prestación do servicio de vixiancia do estadio de San Lázaro das 15 ás 8 horas en días laborables, e das 8 horas dun día ás 8 horas do seguinte día para os sábados, domingos e festivos.

Tipo de licitación: 16.011.693 pesetas (96.232,21 euros), IVE incluído.

Duración do contrato: o contrato terá unha vixencia dun ano, prorrogable ata un máximo de catro anos.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presenta-las proposicións no Rexistro Xeral de Entrada do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no epígrafe criterios de adxudicación do prego de cláusulas administrativas particulares.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 horas, o día hábil seguinte, non sábado, ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado