Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2001 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a subministración, en réxime de leasing, de diversos elementos de xogo infantís que se van instalar nos seguintes parques da cidade:

Lote I: Área de xogos As Fontiñas II.

Lote II: Área de xogos Parque da Trisca.

Lote III: Área de xogos de Marrozos.

Lote IV: Área de xogos de Angrois.

Lote V: Parque infantil de Lamas de Abade.

Lote VI: Parque López Ferreiro.

Os licitadores poderán presenta-las súas ofertas para un ou varios lotes, que serán obxecto de adxudicacións independentes.

Tipo de licitación.

Lote I: cota de amortización máxima: 96.096 pesetas/mes.

Lote II: cota de amortización máxima: 114.659 pesetas/mes.

Lote III: cota de amortización máxima: 97.380 pesetas/mes.

Lote IV: cota de amortización máxima: 81.006 pesetas/mes.

Lote V: cota de amortización máxima: 107.184 pesetas/mes.

Lote VI: cota de amortización: 109.328 pesetas/mes.

Prazo de execución: establécese un prazo de entrega dos bens de dous meses.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, entre as 9 e as 14 horas, dentro do prazo de oito días naturais, contados desde o seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (departamento de Contratación-Servicios). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova; rúa Nova de Abaixo nº 16, loca l4. Teléfono e fax: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no epígrafe criterios de adxudicación do prego de condicións económico-administrativas.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas, o segundo día hábil, non sábado, seguinte ó da data da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado