Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VEDRA

ANUNCIO.

Aprobado inicialmente pola Comisión de Goberno municipal o proxecto de urbanización Miradoiro de Sales, para o desenvolvemento do Plan parcial SAU-1 en San Xián de Sales, deste termo, redactado polo arquitecto José Luis Varela Varela, exponse ó público polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG; publicarase tamén nun xornal, segundo o disposto

no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, e quedará á disposición de calquera persoa que queira examinalo para deducir alegacións, na secretaría do concello.

Vedra, 14 de decembro de 2001.

Odón C. Cobas García

Alcalde