Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG 1/2001 (II)).

O Pleno do concello, en sesión realizada o 14 de decembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Desestima-las alegacións presentadas por Henrique Tello León, voceiro do grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego; documento de entrada nº 51.391, do 8 de maio de 2001, así como a presentada polo colectivo peatonal e ciclista Eixo; documento de entrada nº 51.366, do 8 de maio de 2001, de acordo co informe emitido o 6 de xuño de 2001, que consta no expediente.

Segundo.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXOM da Coruña, sobre o trazado do paseo marítimo, no tramo comprendido entre Labañou e O Portiño, e sobre a modificación relativa á ampliación do cemiterio de San Amaro.

Terceiro.-Dilixenciar planos e documentos.

Cuarto.-Notificarlles este acordo ós alegantes, dándolles traslado do teor literal do informe no relativo ás cuestións formuladas sobre esta modificación.

Quinto.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP, así como a publicación da súa normativa no BOP.

Sexto.-Remiti-lo expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda nos termos sinalados no artigo 48 da LSG.

Sétimo.-Outorgar recursos.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, ó de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

A Coruña, 19 de decembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo