O Pleno do concello, en sesión realizada o 14 de decembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
Primeiro.-Aprobar definitivamente a modificación puntual do PXOM da Coruña, relativa ó polígono POL E8.01, lugar da Silva IV, promovida polo Concello da Coruña.
Segundo.-Dilixenciar planos e documentos.
Terceiro.-Publicar este acordo no Diario Oficial de Galicia e no BOP, así como a publicación da súa normativa no BOP.
Cuarto.-Remiti-lo expediente á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda nos termos sinalados no artigo 48 da LSG.
Quinto.-Outorgar recursos.
O que se fai público para xeral coñecemento, significando que contra o anterior acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación; aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación ou, noutro caso, ó de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que
se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.
A Coruña, 19 de decembro de 2001.
Salvador Fernández Moreda
Concelleiro delegado de Urbanismo