Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (MPG-4/2001).

O Pleno do concello, en sesión realizada o 14 de decembro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente a modificación puntual do PXOM para a recualificación do antigo vertedoiro de residuos sólidos urbanos de Bens, como sistema xeral de espacios libres.

Segundo.-Someter a información pública o documento da modificación polo prazo dun mes, anunciándose no DOG e nos xornais La Voz de Galicia e El Ideal Gallego.

Terceiro.-Remitir un exemplar da modificación á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e á deputación provincial, para que emitan o informe no prazo dun mes, así como ós organismos competentes en materia de costas.

Cuarto.-Dilixenciar planos e documentos.

O que se fai público para xeral coñecemento, con fin de que á vista do expediente se poidan formula-las alegacións que se consideren pertinentes durante o prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O expediente pode consultarse no Servicio de Urbanismo, oficina de Planeamento, sito na avenida da Mariña, número 18, en horario laboral das 12 ás 14 horas, de luns a venres.

A Coruña, 18 de decembro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo