Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.496

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno do 29 de novembro de 2001 referente ás convocatorias para a provisión en propiedade de tres prazas de administrativos e oito de auxiliares administrativos.

O BOP da Coruña, número 287, do 17 de decembro de 2001, publica as bases xerais e específicas que a continuación se indican:

Convocatoria específica para a provisión en propiedade, mediante concurso-oposición por promoción interna, de dúas prazas vacantes de administrativos, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala administrativas, grupo C.

Convocatoria específica para a provisión en propiedade, mediante oposición libre, dunha praza vacante de administrativo, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativos, grupo C.

Convocatoria específica para a provisión en propiedade, mediante oposición libre, de oito prazas vacantes de auxiliares administrativos, pertencentes á escala de Administración xeral, subescala auxiliar, grupo D.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste extracto no BOE.

Os sucesivos anuncios correspondentes ás convocatorias anteriores publicaranse no BOP da Coruña no taboleiro de anuncios do concello.

Cambre, 18 de decembro de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde