Por resolución da Alcaldía 689/2001, con data do 12 de decembro de 2001, aprobouse inicialmente a delimitación da unidade de actuación e a determinación do sistema de actuación de cooperación con relación á parcela de 6.350 m, sita no lugar de Moruxo, parroquia de Moruxo deste concello, e propiedade de Sociedad Corinsua Promociones, S.L.
En cumprimento do dito acordo, e de conformidade co disposto nos artigos 121.1º, 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó
da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Urbanismo e na Secretaría do Concello de Bergono (estrada A Coruña, Ferrol, nº 12), e formula-las alegacións que xulguen oportunas mediante escrito que presentarán no rexistro xeral do concello.
Bergondo, 12 de decembro de 2001.
José Fernández Ramos
Alcalde-presidente