Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.495

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía 690/2001, con data do 12 de decembro de 2001, aprobouse inicialmente a delimitación da unidade de actuación e a determinación do sistema de actuación de compensación con relación á parcela de 3.634 m, sita en Gandarío, parroquia de Ouces, neste concello, propiedade de Miguel Roa López e José Pérez Casal.

En cumprimento do dito acordo, e de conformidade co disposto nos artigos 121.1º, 102.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este prazo os interesados poderán consulta-lo expediente nas oficinas de Urbanismo e na Secretaría do Concello de Bergono (estrada A Coruña, Ferrol, nº 12), e formula-las alegacións que xulguen oportunas mediante escrito que presentarán no rexistro xeral do concello.

Bergondo, 12 de decembro de 2001.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente