Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.497

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

Acordo do Concello Pleno de Ferrol, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto, mediante poxa, para a execución das obras da pista polideportiva cuberta no colexio público de Pazos.

Cadro de características do contrato:

1. Proxecto: pista polideportiva cuberta do CEIP de Pazos.

2. Orzamento: 43.764.701 pesetas=263.031,15 euros, incluído IVE.

Anualidade 2001: 14.000.000 de pesetas=84.141,694 euros.

Anualidade 2002: 29.764.701 pesetas=178.889,46 euros.

3. Aplicación orzamentaria: ano 2001. 22000-4221-601.00.

Ano 2002: fixarase no orzamento de 2002.

4. Prazo de execución: 4 meses.

5. Clasificación: categoría: D, grupo: C, subgrupo: 3.

6. Lugar e hora de presentación de ofertas: rexistro xeral do Concello de Ferrol, das 9 ás 13 horas os días hábiles, durante o prazo de presentación de ofertas. Así mesmo, poderán presentarse nas oficinas de correos, nas representacións diplomáticas ou nas oficinas consulares de España no estranxeiro, segundo se establece na cláusula 11 deste prego.

7. Prazo de presentación de proposicións: 13 días naturais contados a partir da data de publicación do anuncio no DOG (se coincidise en sábado, domingo ou festivo, este trasladarase ó seguinte día hábil).

8. Garantía provisional: 875.294 pesetas=5.260,62 euros.

9. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Revisión de prezos: non procede.

11. Control de calidade: si.

Outros datos:

Información teléfono: 981 33 67 00, ext. 174 e 179-Negociado de Educación.

Lugar onde se poden obter copias do proxecto e prego: Negociado de Educación do Concello de Ferrol.

Número de fax do rexistro xeral: 981 35 41 22.

Enderezo do Concello de Ferrol: praza de Armas, s/n, 15402 Ferrol (A Coruña).

Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Ferrol, 22 de novembro de 2001.

O alcalde

Rubricado