Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.487

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (382/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos número 382/2001, seguidos por instancia de José Tomás Leis Almozara contra Galtolar, S.L. e Fogasa, sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe dictou sentencia, na data 19-11-2001, coa seguinte parte dispositiva:

«Que, estimando a demanda interposta por José Tomás Leis Almozara contra a empresa Galtolar, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ó demandante na suma de 1.658.272 pesetas, coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lle fará saber que contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón, deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación a Galgotar, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido na r/ Cádiz, nave 10, 15142, Meicende, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña a 19 de novembro de 2001.

O secretario

Rubricado