Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.488

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 8 de novembro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/452).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T.C, R.B.T.A A Grela-Golpilleiras.

Situación: Cambre e Carril.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm de Al, de 665 m de lonxitude, con orixe no C.T.C. San Vicente de Vigo e final no C.T.C. A Grela-Golpilleiras, que se vai instalar.

Centro de transformación tipo caseta prefabricada, de 160 kVA e tensións 15/0,380-0,220 kV na Grela-Golpilleiras, do que parte rede de baixa tensión, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 1.695 m de lonxitude discorrendo polos lugares da Grela, Fonte da Vila, A Fonte Moura e Blida. Concellos de Cambre e Carral.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 8 de novembro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña