Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.487

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO DEZ DA CORUÑA

EDICTO (68/2001-E).

Eu, Enriqueta Roel Penas, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia Número Dez da Coruña,

Certifico que nos autos seguidos neste xulgado co número 68/2001, por instancia de Jesús González Dubra sobre separación contenciosa dictouse resolución do teor literal seguinte:

Providencia maxistrado-xuíz, Ángel Barrallo Sánchez.

A Coruña, doce de novembro de dous mil un.

Tendo en conta a non comparecencia de Isabel Castro Cabeza é declarada en rebeldía, dándose por contestada a demanda e siga o preito o seu curso. Notifíquese esta resolución por edictos, de conformidade co artigo 497 da LEC e verificado acordarase.

Mándao e asínao SSª, dou fe

E para que sirva de notificación á demandada rebelde Isabel Castro Cabeza e a súa inserción no DOG, expido este edicto que asino na Coruña o doce de novembro de dous mil un.

A secretaria xudicial

Rubricado