Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.487

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (371/2000).

Carmen Carballo Ramos, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo de cognición que se tramita neste xulgado baixo o número 171/2000-T, se dictou sentencia que ten como encabezamento e decisión o seguinte:

«Sentencia.

A Coruña, dezaseis de outubro de dous mil un.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coruña, tendo visto os presentes autos de xuízo de cognición, promovidos por instancia de Banco Santander Central Hispano S.A., e na súa representación a procuradora dos tribunais Pilar Castro Rey, e na súa defensa, o letrado Antonio Zamorano Fernández, contra Ana Teixeira Fernández, en ignorado paradoiro, sobre reclamación de cantidade e,

Decido,

Que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Castro Rey na representación do Banco Santander Central Hispano S.A., condeno a Ana Teixeira Fernández a lle pagar á demandante a suma de 372.064 pesetas máis o xuro legal do diñeiro sobre a referida cantidade desde a data da interpelación xudicial ata o completo pagamento. As custas impoñénselle á demandada.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que contra ela e de acordo co previsto no artigo 455 da LEC cabe recurso de apelación para preparar ante este xulgado, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Concorda ben e fielmente co seu orixinal, ó que me remito en caso necesario e para que así conste para os efectos de publicalo no Diario Oficial de Galicia, expido e asino o presente testemuño o dezaseis de outubro de dous mil un. Dou fe.

A secretaria

Rubricado