Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 249 Xoves, 27 de decembro de 2001 Páx. 16.486

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (373/2000).

Carmen Carballo Ramos, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número un da Coruña, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo de cognición que se tramitan neste xulgado baixo o número 373/00-T se dictou sentencia, cun encabezamento e decisión que son os seguintes:

Sentencia:

A Coruña, 10 de xullo de 2001.

Javier San Claudio Piñón, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número un dos da Coruña, tendo visto os presentes autos de xuízo de cognición, promovidos por instancia de José Luis Pernas López, e na súa representación o procurador dos tribunais Javier Sánchez García, e na súa defensa a letrada Nieves Ramallo Peña, contra Salvador Martínez Lago, actualmente en ignorado paradoiro, sobre resolución de contrato de arrendamento e reclamación da cantidade e,

Decido que estimando integramente a demanda interposta polo procurador Sánchez García na representación de José Luis Pernas López contra Salvador Martínez Lago, declaro resolto o contrato de arrendamento da vivenda sita na rúa Curros Enríquez, número 37 3º D (Urbanización Pinar de la Reina) do Temple, Cambre, por falta de pagamento das rendas, condenando asemade o demandado ó pagamento das cantidades debidas, que ó tempo da demanda ascende a 250.000 pesetas máis as cantidades que en virtude do arrendamento se deban ata a data do lanzamento ou entrega das chaves, máis os xuros desde que debeu realizarse o pagamento de cada unha das mensualidades da renda, impoñéndolle as custas causadas.

Notifíquelles esta resolución ás partes con indicación de que contra esta e de acordo co previsto no artigo 455 da LEC cabe recurso de apelación para preparar ante este xulgado no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Concorda ben e fielmente co seu orixinal, ó que me remito en caso necesario e para que así conste para os efectos de publicar no Diario Oficial de Galicia, que servirá de notificación ó demandado Salvador Martínez Lago, actualmente en paradoiro ignorado; expido e asino o presente testemuño o 10 de xullo de 2001. Dou fe.

A secretaria

Rubricado