Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

ANUNCIO.

Resolución da Alcaldía, ó abeiro do artigo 78 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, conforme o seguinte contido:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Santa Comba (A Coruña).

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: xestión e explotación da piscina cuberta climatizada de Santa Comba e servicios anexos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Prazo de duración da concesión e subvención municipal:

10 anos, que poderá ser prorrogado ata o máximo legal de acordo co artigo 157 do R.D. lexislativo 2/2000.

Subvención municipal: 11.500.000 pesetas/anuais (69,116,39 euros): á baixa.

5. Garantías: provisional: 250.000 pesetas (1.502,53 euros). Definitiva: 500.000 pesetas (3.005,06 euros).

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Concello de Santa Comba (A Coruña).

b) Domicilio: praza do Concello, nº 1, Santa Comba. C.P. 15841. Teléfono: 981 88 00 75/100. Telefax: 981 88 07 16.

c) Data límite para a obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación do último anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia, BOP ou prensa.

b) Documentación que hai que presentar: figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Secretaría do Concello de Santa Comba, segundo datos figurados no punto 6.

9. Apertura das ofertas:

a) Data: o quinto día seguinte ó do remate do prazo de presentación das solicitudes. No caso de ser festivo pasarase ó día hábil seguinte. Hora: 13 horas.

11. Gastos de anuncios:

Os gastos de anuncios no BOP e Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior tirada da Comunidade Autónoma, e os de adxudicación serán por conta do contratista adxudicatario.

12. Exposición do prego de cláusulas administrativas particulares:

En sesión plenaria do 29-11-2001 aprobouse o prego de condicións técnicas, económicas e xurídicas que rexerán concurso para a adxudicación, mediante concesión administrativa, da xestión e explotación da piscina cuberta climatizada de Santa Comba e servicios anexos, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do día seguinte ó da inserción do último anuncio no Diario Oficial de Galicia, no BOP ou prensa para que poidan presentarse reclamacións.

Santa Comba, 29 de novembro de 2001.

José Toja Parajó

Alcalde