Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SAMOS

ANUNCIO urxente.

A Comisión de Goberno, en sesión do 18 de decembro de 2001, aprobou o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerá na contratación da obra de reparación de accesos ós núcleos de poboación de Vigo do Real, Lastres, San Martiño do Real, Lousada, Lourido Pequeno, Lamartín, Reiriz, Sivil, Vilachá, Suñide, Sancovade e Abradelo, o que se expón ó público na Secretaría do concello polo prazo de 10 días contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP ou DOG, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase a contratación da dita obra mediante concurso aberto, aínda que, no suposto de presentarse reclamacións contra o prego, o concurso se aprazará ata que sexan resoltas pola propia Corporación.

Tipo de licitación: 22.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Garantías: provisional o 2% do tipo de licitación e definitiva o 4% do importe de adxudicación.

Proposicións: presentaranse no rexistro do concello durante o prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da última publicación deste anuncio no BOP ou DOG. Os criterios de valoración e a documentación para participar no concurso figuran no expediente que consta na secretaría do concello.

Apertura de plicas: terá lugar ás doce horas do primeiro día hábil seguinte (agás sabados) a aquel en que remate o prazo de presentación de ofertas.

Información: Concello de Samos.

Teléfono: 982 54 60 02; fax: 982 54 61 22.

Samos, 18 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado