Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na sesión extraordinaria urxente do día 8 de marzo do ano 2001 adoptou, por unanimidade dos dezasete concelleiros presentes, o acordo que ten a seguinte parte dispositiva:

«a) Aprobar definitivamente o texto definitivo da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación do Concello do Porriño en Budiño (R.E. nº 5743/20-12-2000), redactado en función do informe da COPTOPV por Manuel J. Freijeiro Martínez (Arteplán, S.A.) coa emenda de erros numéricos producidos no cadro de empresas de zona norte e sur que consta entre as páxinas 16 e 18 do referido proxecto.

b) Publicar este acordo no DOG e no BOP e, así mismo, publicaranse no BOP ou documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

c) Comunicarlle este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e, ó mesmo tempo, darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integren a modificación sobre os que recaeu este acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario deste concello, facendo consta-lo dito extremo.

d) A eficacia desta aprobación definitiva e a súa entrada en vigor quedan condicionadas ó cumprimento do disposto no citado artigo 49 e no 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, significando que contra o acordo anteriormente expre

sado, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-los recursos seguintes:

A) Directamente o contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución (artigo 306 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana).

B) Sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro que coide procedente.

O Porriño, 14 de novembro de 2001.

José Manuel Barros González

Alcalde