Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CANGAS

ANUNCIO.

A Comisión municipal de Goberno, en sesión do 29 de novembro de 2001, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar inicialmente o Plan Especial de Reforma Interior da unidade de actuación nº 9 das

previstas nas normas subsidiarias de planeamento municipal, promovido por José María Pérez García.

Segundo.-Someter a información pública o expediente polo período dun mes, inserindo para tal efecto anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para que os interesados presenten as alegacións que consideren convenientes; este anuncio serve de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios interesados directamente afectados que resultasen descoñecidos ou, por se ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Cangas, 30 de novembro de 2001.

José E. Sotelo Villar

Alcalde