Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 248 Mércores, 26 de decembro de 2001 Páx. 16.435

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2001 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras de acondicionamento da Granxa do Xesto no Monte Pedroso, fase II, de acordo co proxecto elaborado pola empresa Consultores de Medio Ambiente y Desarrollo, S.L.

Tipo de licitación: 83.682.282 pesetas (502.940,64 euros), IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 12 semanas contadas a partir do día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presetar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela, das 9 ás 14 horas, dentro do prazo de 13 días naturais, contados desde o seguinte ó da data da última das publicacións que corresponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Documentación: información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27. Documentación: Copy Nova, r/ Nova de Abaixo, nº 12, local 4. Teléfono e fax: 981 59 23 93.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3 do prego de cláusulas administrativas.

Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (Secretaría) ás 12 horas o seguinte día hábil, non sábado, ó da finalización do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2001.

O alcalde

Rubricado