Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

En sesión plenaria do día 19-11-2001, aprobouse o prego de condicións técnicas, económicas e xurídicas que rexerán no concurso para a concesión do servicio público de regulación de aparcamento na vía pública mediante expendedores de tickets, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG no BOP ou prensa, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, sse ben a licitación se adiará, canto resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Prazo da concesión: cinco (5) anos.

Fianza provisional: 9.015,18 euros (1.500.000 pesetas).

Fianza definitiva: 4% do orzamento anual de explotación máis a amortización do servicio.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá na Casa do Concello ás 12 horas do quinto día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións.

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación en horario de 9 a 14 horas, dentro do prazo de vinteseis (26) días naturais, contados desde o día seguinte ó da última publi-

cación do anuncio de concurso no DOG ou BOP ou prensa.

Documentación: presentarase en dous sobre pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 22 de novembro de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde