Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.405

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de exposición pública.

Nesta data están rematados os traballos de avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste concello, avance no que se conteñen a estratexia, directrices e obxectivos xerais do planeamento que servirán de base para súa posterior redacción. De conformidade co artigo 41 da Lei do solo de Galicia e concordantes do Regulamento do planeamento, ábrese un período de información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste e acordo no último dos diarios no que deba selo (DOG, Diario de Pontevedra e BOP), con fin de que os particulares e entidades poidan suxeri-lo que consideren oportuno e presenta-las propostas e convenios urbanísticos que entendan procedentes.

Bueu, 19 de novembro de 2001.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde