Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.406

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARBALLO

ANUNCIO.

Por decreto de Alcaldía, do día 11-12-2001, aprobouse o prego de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, mediante concurso con procedemento aberto urxente, de subministración de equipamento para a pisicina municipal de Carballo, o cal se expón ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción do último anuncio no DOG no BOP ou prensa, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente, anúnciase concurso público, aínda que a licitación se aprazará, cando resulte necesario, no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións.

Prazo de subministración: un mes e medio (1,5).

Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Apertura de plicas: a apertura de plicas terá lugar na Casa do Concello ás 10 horas do día seguinte hábil a aquel en que remate o prazo de presentación de propostas. No caso de resultar sábado, entenderase prorrogado ó día hábil inmediato seguinte.

Proposicións.

Lugar e prazo de presentación: presentaranse no rexistro xeral da corporación das 9 ás 14 horas (sábados das 9 ás 13 horas), dentro do prazo de trece (13) días, contados desde o día seguinte ó da última publicación do anuncio de concurso no DOG ou BOP.

Documentación: presentarase en dous sobre pechados conforme se indica no prego de condicións que se encontra exposto na secretaría do concello.

Tódolos anuncios serán por conta do adxudicatario.

Carballo, 11 de decembro de 2001.

Manuel Varela Rey

Alcalde