Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Luns, 24 de decembro de 2001 Páx. 16.404

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 20 de novembro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a iniciación do expediente sancionador en materia de réxime de vivenda de protección oficial E.S.OU-29/2001, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la iniciación do expediente sancionador por infracción do réxime legal de v.p.o. por non ser posible a notificación a través do servivio de correos.

Noméase instructor do procedemento a Paulino González Rodríguez, xefe da Sección de Inspeccións e Sancións da delegación provincial e secretaria a Olga Paredes Medela, funcionaria da citada delegación, que poderán ser recusados en calquera momento do expediente de concorreren os supostos legais.

Os interesados disporán dun prazo de quince días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar por escrito cantas alegacións, documentos e informacións coiden convenientes en defensa dos seus intereses e, se é o caso, propoñer proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto), de non efectuarse alegacións no prazo anterior este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O que se lles notifica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do

procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Ourense, 20 de novembro de 2001.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº E.S. OU-29/2001.

Responsable: Ana María González Rivera.

Enderezo: avda. de Marín,nº 25, 2ºA. 32001 Ourense.

Feitos imputados: execución de obras sen a preceptiva autorización do IGVS.

Infracción: grave (art. 5.c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 pesetas.